LATEXO LOGOPEDIA

Clínica de logopedia para nenas/os e persoas adultas

Logopeda en MELIDE

Clínica de logopedia para nenas/os e persoas adultas.
Tratamento de patoloxías da voz, linguaxe, fala, audición, comunicación e outras funcións orofaciais (respiración, succión, deglutición, mastigación).

Áreas de traballo:

Trastornos da linguaxe debido a dano cerebral adquirido (ictus, TCE, parálise cerebral)
Trastornos xerais do desenvolvemento
Trastornos estructurais das funcións orofaciais.
Trastornos dos procesos de lectura e escritura
Trastornos de desenvolvemento da linguaxe
Enfermidades neurodexenerativas (Parkinson, Corea de Huntington, ataxia, Alzheimer…)
Trastornos da voz e a resonancia
Cancro de cabeza e pescozo
Trastorno da deglutición
Atención temperá
Parálise facial
Disfaxia

logo latexo logopedia
latexo

LATEXO LOGOPEDIA

Un lugar no que mellorar a calidade de vida das persoas

Que é a logopedia?

É unha profesión sanitaria que se ocupa de: estudo, investigación, prevención, avaliación, diagnóstico e intervención de trastornos da comunicación humana.

Estes trastornos maniféstanse, tanto en poboación infantil como adulta, a través de patoloxías e alteracións en:

* Linguaxe (oral, escrito e xestual).
* Voz
* Audición
* Funciones orofaciais (succión, deglutición, respiración, mastigación, fala e fonación)

«Diplomada en Logopedia pola UDC no 2007, comecei a miña andadura no 2008 nun centro privado na cidade de Pontevedra, formándome en atención temperá e traballando sobre todo con poboación infantil.

Anos despois, cursei especialización en disfaxia orofarínxea e en motricidade orofacial, podendo gañar experiencia tamén no ámbito hospitalario.

Foi a COVID quen me trouxo de volta da cidade e coa idea de comezar un proxecto no rural, cheguei a Melide, e naceu Latexo Logopedia.»

Logopeda Cristina Fernández Barros, nº col. 15/0099

Cristina Fernández Barros, nº col. 15/0099

Pide CITA

Aforra tempo

Consulta

Z

experiencia

En Latexo Logopedia estamos aquí para apoiarte. Con só unha chamada, podes contar coa axuda necesaria. Contacta!

 

redes sociais

Séguenos nas redes sociais

Horario

Luns a Venres

10:00h-13:00h*

15:30h-20:30h

*luns pola mañá non se fai atención presencial en Latexo

Contactar

Teléfono

642 00 72 10

Email

latexologopedia@gmail.com

Dirección

Rúa Rosalía de Castro, 3
Melide · A Coruña

×